“O mundo que queremos”, tema do vindeira edición do Salón do Libro infantil e Xuvenil 2017

6

O Salón do Libro xa ten título para a XVIII edición que se celebrará entre o 10 de marzo e o 2 de abril: “O mundo que queremos”.

O lema, lonxe de ser unha utopía, pretende aunar aportacións reais, tanxibles e factibles para construir ese mundo mellor. Queremos englobar temas como o coidado do medio ambiente, a saúde, a integración e a igualdade, cuestións como accesibilidade e a mobilidade, o respecto, a inmigración ou a vellez, a solidariedade, a investigación en todos os seus ámbitos, etc.

Tendemos a idealizar as accións para conseguir o mundo que queremos sen plantexarnos que ese cambio empeza en nós, individual e colectivamente, na nosa actitude, no xeito de tratar aos demais e ao noso entorno, de investir esforzos en buscar solucións aos problemas ou á realidade, aportando o mellor de nós mesmos e dos nosos coñecementos, na medida que formamos parte da sociedade na que vivimos.

Todas esas accións que podemos levar a cabo a diario, son as que busca “O mundo que queremos” e que aparecerán plasmadas no segundo volume da colección exclusiva do Salón no que xa se está a traballar.

Como se ven facendo nos últimos anos, a razón de comunicar o tema con tanta antelación é facilitar o traballo aos centros escolares que adoitan colaborar co proxecto, permitindo así a planificación de cara ao curso que vén.