Comeza a limpeza e pintado das cerchas do Pavillón Municipal

40

Nesta semana comezaron os traballos de limpeza e pintado das cerchas do Pavillón Municipal, un dos traballos previos á substitución da cuberta do edificio. Paralelamente estánse a realizar traballos no exterior do edificio para a instalación dunha grúa de grandes dimensións, indispensábel para colocar a nova cuberta.

Cabe lembrar que a desmontaxe e montaxe da cuberta é un labor duns dous meses, polo que durante ese tempo o pavillón non terá actividade deportiva de ningún tipo. O uso da pista do recinto deportivo está xa restrinxido, e aínda se manteñen as actividades nos ximnasios.

Segundo as previsións da Concellaría de Deportes, a obra poderá estar rematada a primeiros de setembro, para continuar co ritmo normal da tempada deportiva.