154 fogueiras alumearán a noite de San Xoán no municipio

68

154 fogueiras alumearán o ceo pontevedrés na noite de San Xoán, 21 cacharelas arderán no casco urbano e o resto farano en 14 das parroquias do concello.

Dos 21 permisos solicitados para o casco urbano, sete son para fogueiras comunitarias e o resto peticións feitas a título individual. Eduardo Pondal, A Seca, Valdecorbos, Monte Porreiro ou Rosalía de Castro son algúns dos puntos nos que haberá fogueiras na noite de mañá.

As fogueiras no rural distribuiranse da seguinte maneira: 7 en Alba, 10 en Bora, 9 en Campañó, 4 en Cerponzóns, 12 en Lérez, 14 en Lourizán, 15 en Marcón, 19 en Mourente, 1 en Ponte Sampaio, 20 en Salcedo, 4 en Tomeza, 7 en Verducido, 6 en Santo André de Xeve e 5 en Santa María de Xeve.

Os bombeiros revisarán a seguridade das fogueiras na tarde de mañá, dende as 19.00 ás 22.30 horas. Serán catro unidades de bombeiros máis dúas de Protección Civil, asignadas por zonas, as que inspeccionen que todo esta en orde para que a noite de San Xoán discorra sen incidentes co lume. Unha hora máis tarde, ás 23.00 horas e até as 00.2 horas do día 24 estarán alerta, desprazados a “bases” por zona, co fin de intervir se fose preciso.