Case 130.000 euros para a supervisión das atraccións de feira das festas do verán

99

A Xunta de Goberno Local aprobou esta mañá a contratación da supervisión das atraccións de feira das festas do verán: Santiaguiño e Peregrinas. A contratación é por catro anos. É a primeira vez que o Concello opta por esta solución de contratación plurianual por motivos de racionalización administrativa.

O contrato é por 128.477,60 euros -32.119,4 euros anuais- para os anos 2016 a 2019. Esta contratación ten por obxecto medir a seguranza das atraccións de feira. Cabe lembrar que o Concello de Pontevedra foi dos primeiros do Estado en realizar esta inspección que leva facendo dende o ano 1999.