A Concellaría de Economía solicitará nestas semanas ofertas ás entidades bancarias da cidade para solicitar o préstemo municipal de 2016 que figura no Orzamento por valor de 2,6 millóns de euros.
Segundo explicou o concelleiro responsábel da área esta mañá, está previsto solicitar oferta a todas as entidades, e realizar unha segunda volta, dando a coñecer a mellor das ofertas -non a entidade- por se queren volver a mellorala. Así se fixo nos dous últimos anos, con moi bo resultado.
O crédito terá a seguinte finalidade:
- 500.000 euros: Proxectos de sumidoiros
- 500.000 euros: Mellora da accesibilidade no rural
- 500.000 euros: Mellora da accesibilidade na área urbana
- 500.000 euros: Expropiacións
- 400.000 euros: Instalacións deportivas
- 200.000 euros: Edifcacións e outras inversións.
O proceso de adxudicación poderá estar rematado ao longo do mes de agosto.