A xunta reitora do IMD aprobou hoxe unha nova prórroga da concesión das piscinas de Campolongo a empresa Serviocio por un máximo de un ano. Neste tempo terá que resolverse o concurso para a nova adxudicación do contrato que incluirá unha reforma e modernización das instalacións deportivas.
Xusto antes aprobouse o plan de viabilidade feito por técnicos municipais para a nova concesión que agora sairá a exposición pública e recibira os informes sectoriais pertinentes. O mesmo tempo, segundo explicou a concelleira de Deportes, Anxos Riveiro, se está a traballar no anteproxecto e nos pregos de condicións para a nova concesión.
“O tempo máximo da nova prórroga é un ano aínda que agardamos que o tempo sexa menor” sinalou a concelleira Anxos Riveiro quen informou que a prórroga saíu adiante co voto contrario de Cs e abstención dos representantes dos outros grupos da oposición: PP, PSOE e Marea.