O Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra fixo público o pasado día 23 de xuño a convocatoria das subvencións para a adquisición de vehículos autotaxi adaptados a persoas con mobilidade reducida. Con esta convocatoria preténdese fomentar que os titulares das licencias de taxi do Concello de Pontevedra adapten os seus vehículos para o transporte de persoas con mobilidade reducida, de xeito que se dea cumplimento á normativa actual.
Poderán solicitar estas subvencións os titulares dunha licencia de taxi no Concello e que adquiran a propiedade dun vehículo novo adaptado ou adapten o vehículo que xa sexa da súa propiedade, no período comprendido entre o 1 de xaneiro de 2014 e o final da vixencia das bases que rematará o 24 de xullo.
O importe das subvencións é de 10.000 euros cun importe máximo de subvención de 5.000 euros.