O Memorial Ricardo Portela homenaxea esta fin de semana a Basilio Carril

152

O Memorial Ricardo Portela celébrase o vindeiro 8 e 9 de xullo na praza da Ferraría e é a primeira gran cita da programación de verán do Concello de Pontevedra.  Nesta XVII edición farase unha especial homenaxe a Basilio Carril, e a programación é a seguinte:

Venres 8 de xullo

    • De 17.00 a 21.30 h XIV Mostra de Artesáns de Instrumentos Tradicionais. Praza da Ferraría. Serán os 12 artesáns máis reputados de toda Galicia.
    • 20.00 h Pasarrúas de Son d’aquí. Nas prazas e rúas da cidade
    • 21.00 h Actuación de Cantata Vernácula. Praza da Ferraría

Sábado 9 de xullo

    • De 11.30 a 14.00 h e de 17.00 a 21.30 h XIV Mostra de Artesáns de Instrumentos Tradicionais. Praza da Ferraría
    • 12.00 h Pasarrúas do grupo De Virasón. Rúas e prazas da cidade
    • 19.30 h Pasarrúas dos grupos Gaiteiros das Rías Baixas e Ludovaina. Nas prazas e rúas da cidade
    • 21.00 h Homenaxe a Basilio Carril. Praza da Ferraría
      • Basilio Carril naceu en Arzúa, en 1914. Marchou a Compostela onde mantivo o obradoiro de construción de instrumentos artesáns do seu pai, e mantivo a sona mundial dos seus instrumentos que tiñan unha gran beleza e calidade. De feito, hoxe están en museos de todo o mundo.
      • Formou parte do grupo Cantigas e Agarimos, do que foi gaiteiro principal. Co grupo viaxou por toda Europa e América Latina. Fixo moitas gravacións, especialmente entre os anos 1964-1974, gañando varios concursos de gaiteiros da época.
      • O Memorial Ricardo Portela permite achegarse a figuras de grande importancia para a cultura e a tradición musical galegas, que non son moi coñecidas polo público en xeral, como pode ser o caso de Basilio Carril.
    • 21.15 h Actuación dos Carunchos. Praza da Ferraría