Volve o Jazz a Pontevedra do 13 ao 18 de xullo

79

A relación de Pontevedra co jazz é intensa e duradeira. Desde xa hai vinte e catro anos, cada mes de xullo volve o Festival Internacional de Jazz e Blues, que, en certo modo, representa a culminación das actividades jazzísticas que se desenvolven na nosa cidade durante o ano. A zona monumental de Pontevedra vaise encher, unha vez máis, de boa música, con artistas de nivel internacional case sempre inéditos en Galicia, ás veces irrepetibles. E mantemos, como non, os nosos sinais de identidade: concertos gratuítos de jazz e de blues, prestando unha especial atención aos músicos galegos.

www.jazzpontevedra.com

www.pontejazz.org

facebook: Festival Jazz Pontevedra