Rodrigo Cota, pregoeiro das festas Peregr!na 2016

40

O escritor, articulista, “opinador” e cronista da cidade Rodrigo Cota engade unha face máis o seu currículo: a de pregoeiro das festas Peregr!ina 2016.

O alcalde de Pontevedra, Miguel Fernández Lores e a concelleira de Festas, Carme da Silva arrouparon ao pregoeiro na súa presentación oficial, seguros do acerto da elección ao contar cunha longa traxectoria de enxeño e audacia ás súas costas.

Rodrigo Cota convidará a todo o mundo a gozar das festas da Peregrina dende o balcón do Pazo de Mugartegui, o próximo 13 de agosto.

O autor e próximo pregoeiro declarase “honrado e emocionado” polo reto que ten por diante e quixo agradecerlle publicamente ao alcalde e a concelleira “este tremendo erro”. Está a pensar dende xa no que vai a dicir, nun discurso no que non a de faltar alusións a política e aos políticos, aos medios de comunicación e a cidade de Pontevedra como “inspiradora do motor cultural de Galiza” e, por descontado, un convite a gozar das festas.