Quique San Francisco e Andrés Suárez, entre as escollas do Pazo para o último trimestre do ano

91
      • A oferta musical da Concellaría de Cultura de outubro e novembro correrá a cargo de Andrés Suárez, De Vacas e Los Secretos
      • Tamén voltarán as Noites de Retranca, monólogos que se completarán coas actuacións de Quique San Francisco e Carlos Latre

Mentres os pontevedreses comezan a gozar das festas do verán, a Concellaría de Cultura a través do Pazo da Cultura prepara a programación do último trimestre do ano que está moi avanzada e da que se xa coñecen as propostas do Summun e do Festival das Cóxegas, cuxas entradas xa están á venda.

Pero a programación do Pazo da Cultura e do Teatro Principal completarase con outras propostas como concertos de música ou actuación de recoñecidos monologuistas galegos e españois. Entre os concertos programados polo Pazo da Cultura están:

A oferta das actuacións dos monologuistas pasa por:

    • Noites de Retranca:  8 de outubro
    • Quique San Francisco: 15 de outubro
    • Carlos Latre: 11 de novembro

O Teatro será outro dos puntos fortes da programación da Concellaría de Cultura no último trimestre do ano. Nesta ocasión, a oferta será, como vén sendo habitual, a través de Ponteatro que se porá en escea no Teatro Principal, e que permitirá gozar dalgúns dos mellores espectáculos teatrais das compañías galegas.

Ademais, a Concellaría última a programación expositiva, feiras e congresos, así como os ciclos de bandas de música e outras moitas actividades e propostas que se irán desvelando nas vindeiras semanas e que chegarán á cidade a partir do mes de outubro.

Summum

O ciclo das artes escénicas de Pontevedra Summun será un dos ingredentes máis importantes da programación dos meses de outubro e novembro. Ás pezas teatrais “Reina Juana” protagonizada por Concha Velasco e “La asamblea de las mujeres” con Lolita e Pastora Vega entre o elenco, sumaranse por primeira vez dous espectáculos de danza: “Foot-ball” do coreógrafo Cesc Gelabert e “As catro estacións” do Centro Coreográfico Calego.

Este ciclo está incluído dentro do programa PLATEA do INAEM, ao que o Concello se adheriu en 2014.

Para esta edición está previsto a oferta de abonos para os catro espectáculos en venda anticipada, ao igual que as entradas soltas, que xa están á venda. O prezo dos abonos é de 42€ + gastos e o das entradas indivuais, oscila ente os 10 e os 18 + gastos.

Festival das Cóxegas

A segunda edición do Festival das Cóxegas, un proxecto arredor das artes escénicas con carácter familiar, súmase á programación do último trimestre do ano na programación da Concellaría de Cultura. Estará composto por 4 espectáculos de 4 prestixiosas compañías procedentes do Estado, xa que forma parte do programa PLATEA – Inaem.

No afán da Concellaría de Cultura e o Pazo da Cultura por crear novos públicos e achegar aos máis pequenos/as as diferentes formas da cultura e as artes, o teatro, a danza e o circo serán os protagonistas do ciclo que conta con espectáculos a partir dos 2 anos.

Celebraranse os 4 domingos de novembro no Pazo da Cultura, que conta con maior capacidade no seu patio de butacas e unha ampla zona de aparcadoiro. Celebrarase unha única sesión por espectáculo en horario de 18:30 horas a excepción do  espectáculo “El fantástico viaje de Jonás el espermatozoide” que contará o luns 7 cun pase concertado con escolares ás 11:30 horas.

As entradas para cada espectáculo poden adquirirse xa en Ataquilla.com a un prezo único de 6€ e será preciso que cada espectador, independentemente da súa idade, conte cunha entrada para acceder ao Auditorio. A venda en billeteira, que só terá lugar no caso de non esgotarse as entradas na venda anticipada, comezará dúas horas antes do espectáculo.

As propostas son as seguintes:

    • Domingo 6 de novembro. 18.30h: “El fantástico viaje de Jonás el espermatozoide” de El espejo negro. Teatro e monicreques a  partir de 5 anos
    • Domingo 13 de novembro. 18.30h:“Des Hábitat” de  Vaivén Circo. Espectáculo familiar que combina circo, teatro e danza a partir de 4 anos
    • Domingo 20 de novembro. 18.30h: “¿Cuál es mi nombre?” de Da T Danza. Espectáculo familiar de danza a partir de 2 anos
    • Domingo 27 de novembro. 18.30h: “Amour”  de Marie de Jongh-Tartean Teatro e Teatro Arriaga. Espectáculo de teatro familiar recomendado a partir de 7 anos.