Acondicionamento dos estacionamentos de balde en superficie do Pavillón

29

O Concello de Pontevedra inicia mañá os labores de acondicionamento dos estacionamentos en superficie, de balde, situados nas parcelas de Costas fronte ao Pavillón de Deportes. Por este motivo, prohibirase o estacionamento de vehículos durante os días que duren os traballos. O Concello pide aos usuarios destes espazos que durante o tempo da intervención empreguen outros estacionamentos de balde, como o do Pazo da Cultura que está nas proximidades.

Como todos os anos, o tratamento destas dúas parcelas será con materiais acordes coa zona e coa calificación do terreo, propiedade de Costas. Ademais de facerse as achegas necesarias de xabre, tamén se compatará toda a superficie para tapar as fochancas que deixou o inverno.

Tamén cabe lembrar que o Concello non é propietario dos terreos, só ten unha cesión de uso para estacionamento, polo que pode acondicionalos unha vez ao ano cos materiais acordados con Costas. Por este motivo, faise este tratamento brando na época estival para que dure o maior tempo posíbel.