A rehabilitación do firme da rúa da Barca obriga a pechala ao tráfico un mes

61

O Concello de Pontevedra inicia este xoves, 14 de xullo, a pavimentación da rúa da Barca. Son unhas obras que permitirán facer un saneamento integral do firme que presenta importantes fochancas e afundimentos. Tamén se refarán os pozos de servizo da rúa para resolver eses afundimentos no firme.

Está previsto que a obra se prolongue polo prazo dun mes, tempo no que a rúa permanecerá pechada ao tráfico. Por iso a Policía Local elaborou un plan de mobilidade na zona que implica o cambio de sentido circulatorio da rúa Jofre de Tenorio que mudará de sentido.

Ademais, prohibirase o estacionamento en ambolas dúas rúas: Jofre de Tenorio e A Barca. Pero garantizarase o acceso aos garaxes da rúa da Barca.

O peche da Barca e o cambio de sentido de Jofre de Tenorio faranse o xoves, 14 de xullo, a partir das 15.00 horas.