O Concello inviste máis de 182.000 euros en arranxos dos colexios públicos

40

    • Durante o verán está previsto un investimento de 98.339,39 euros.

Chegado o verán, coas aulas valeiras, o Concello de Pontevedra intensificará nestes meses de verán os pequenos traballos de mantemento e conservación dos colexios do Concello. Nestes dous meses está previsto un investimento de 98.339,39 euros, pero en todo o curso escolar o investimento do Concello nos centros de ensino foi de 182.504,84 euros.

Os traballos que se realizarán nos meses de verán serán os seguintes:

    • Arranxo de fontanería e falsos teitos do CEIP de Vilaverde (16.102 euros)
    • Pequenos arranxos en CEIP Vidal Portela e reposición dos letreiros das aulas
    • Arranxo dúas escaleiras de comunicación vertical do CEIP Xunqueira I (limpeza de toda a superficie chorro a presión e sellado de pasos) e arranxo dun treito do muro exterior. (12.898 euros)
    • Subministro de material para arranxos no peche no CEIP de Cabanas
    • Colocación de varanda e porteiro electrónico no CEIP Xunqueira II (10.801,69 euros)
    • Limpeza, pintura e tratamento hidrofugante de fachadas no CEIP San Martiño-Salcedo (39.661,38 euros)
    • Labores de mantemento do patio exterior do EEI Concepción Crespo Rivas (limpeza de sumidoiros de pluviais, reposición de borde de madera en areneiros, suministro e verquido de area en areneiros, rasanteo de toda a superficie do patio) (9.960,94 euros)
    • Traballos de electricidade no colexio Parada-Campañó (iluminación)
    • Renovación fontanería no CEIP Barcelos (6.252,29 euros)