Pecha a Oficina da Feira Franca con máis solicitudes ca nunca

12

A Oficina da Feira Franca pechou este venres as súas portas para a recepción de solicitudes para participar nas ceas e xantares, na hostalería e tamén nos mercados da Feira Franca.

Respecto das mesas de particulares, a organización segue constatando que continúa a crecer o número de solicitudes, superando as 250. Os postos solicitados para os mercados de artesanía e de alimentación foron 158, e a Hostalería supera, tamén as 130 solicitudes.