Antonio Manuel Fraga e Jacobo Fernández, escritor e ilustrador do vindeiro Salón do Libro

22
    • Teñen o encargo de escribiren e ilustraren o libro Escaquis e Romeu que será o fio conductor do vindeiro salón

Antonio Manuel Fraga e Jacobo Fernández Serrano, son o escritor e ilustrador do libro que guiará a temática do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra do ano que vén que se celebrará entre o 10 de marzo e o 2 de abril. Baixo o lema “O mundo que queremos” os dous autores teñen o encargo do Salón de escribir un libro e ilustralo, para despois ser o fio conductor de todo o Salón (actividades, decoración,…)

Segundo explicaron esta mañá os dous autores na súa presentación no Concello de Pontevedra da man da concelleira de Cultura, Anxos Riveiro, o libro titularase Escaquis e Romeu, e estará listo a finais de ano, para que os máis de 40 centros de ensino que participan no Salón poidan traballar nesta temática.

Aínda que non adiantaron demasiado, os autores explicaron que é un libro cunha trama sinxela, con pinceladas fantásticas, e persoaxes entrañables. Fuxindo o adoctrinamento, esta historia divertida tratará temas como a ecoloxía, a vida saudábel, a homofobia ou xenofobia.

Aínda por fixar a condición de Escaquis -só se sabe que é un personaxe feminino-, Romeu é un barbeiro que vive nunha vila do norte, onde existe unha rivalidade cunha vila veciña.

É a segunda vez que o Salón do Libro centra a súa actividade entorno a un libro creado especificamente para o Salón. Na pasada edición foi “As peripecias de Estravaganza Pérez”, escrito por Ledicia Costa e ilustrado por Óscar Vilán.

Precisamente, o libro de Estravaganza Pérez está na Librería do Instituto Cervantes de Nova Iork.

https://nyork.blogs.cervantes.es/2016/06/24/nuevos-titulos-en-la-seccion-infantil-y-juvenil-de-la-biblioteca-jorge-luis-borges-new-books-in-the-childrens-and-young-adult-section/