Rematada a mellora da vía que une os lugares da Piolla e Casalnovo, en Lérez

71

Os veciños da Piolla e de Casalnovo poden empregar dende fai uns días a renovada pista que une estes dous lugares da parroquia de Lérez. Onte visitaron os traballos o alcalde Miguel Anxo Fernández Lores e a concelleira delegada da parroquia, Pilar Comesaña.

Trátase dunha vía moi frecuentada polos residentes nestes dous núcleos da parroquia xa que conecta co centro escolar. A vía ampliouse co retranqueo dun muro particular, asfaltando e tratando a recollida de augas pluviais. A obra tivo un custe de 177.651,15 euros.

Os veciños que acompañaron ao alcalde na visita amosáronse moi satisfeitos polo resultado da obra, que se completou co asfaltado doutra pequena vía de comunicación na zona que aínda estaba en terra.

Ao remate da visita, os participantes tomaron un pinchos ofrecidos polos veciños dos lugares.