O programa de alimentos de verán atende a 46 familias de xullo a setembro

20

O Programa de alimentos de verán impulsado pola Concellaría de Benestar Social para que ningún neno do Concello lle falten alimentos frescos durante o verán atende este ano a 46 familias (108 menores) no Concello.

A Fundación Amigos de Galicia en colaboración coa Concellaría de Benestar Social Municipal, fai entrega dunha compra semanal a todas as familias do programa. A compra son produtos frescos e de primeira necesidade, adquiridos nun supermercado local e faise en función do número de membros da familia.

Teñen acceso a este programa os nenos becados nos comedores escolares polos Servizos Sociais Municipais e tamén os pequenos das familias que solicitaran Axudas de Emerxencia. Ademais os nenos de familias usuarias de Servizos Sociais que van ás ludotecas tamén reciben beca de comedor no tempo que están nelas.

Este programa que ten por propósito que todos os nenos poidan comer nas súas vivendas, cos seus pais e irmáns, sen ter que desprazarse a ningún comedor escolar -evitando así a visibilización da pobreza- supón una reducción considerable das 126 familias coas que arrancou este programa o pasado ano. A explicación vén dada pola axilidade na tramitación das Rentas de Integración Social de Galicia (Risga) por parte da Xunta, que fixo que máis persoas dispoñan de recursos para a merca deste tipo de produtos de primeira necesidade.