O Quince bolos transfórmase en festival e leva a Curros Enríquez o mellor da escena musical de Pontevedra

36
    • Será os días 27 e 28 de xullo, a partir das 17.00 horas
    • La Casa de los Ingleses será o grupo co que arrancarán os concertos da praza do Concello nas Festas da Peregrina

A vindeira semana, a praza da Curros Enríquez acollerá unha nova e renovada edición do 15 bolos, o festival de rúa organizado polo Local de Música de Pontevedra no que se lle dá protagonismo ás bandas locais coa oportunidade de tocar en público nun dos espazos máis concurridos da cidade. Como vén sendo habitual, un dos grupos do concurso, neste caso La casa de los ingleses, será o encargado de abrir as Festas da Peregrina co primeiro concerto na praza do Concello, sendo teloneiros de Dorian.

O concelleiro de Xuventude, Demetrio Gómez mantivo esta mañá unha reunión de coordinación cos 15 grupos que participan no proxecto.

A programación para o 27 e 28 de xullo na praza da Curros Enríquez, a partir das 17.00 horas, é a seguinte:

Mércores 27 de xullo

      • The Soul Breakers
      • Australia
      • Mr Magoo
      • Islandia
      • Onion Smile
      • Cora Sayers
      • The Grave Dolls

Xoves 28 de xullo

      • Visceral Eyes
      • The Shoubinhas Experience
      • Skirl
      • Blakc Dog
      • The Trunks
      • Champurrada
      • Glitter&Litter