Inspección das taxas do saneamento e do lixo en oito parroquias do rural

26

A empresa Laya será a encargada de facer a inspección das taxas de saneamento e lixo en oito parroquias do rural: Santa María e Santo André de Xeve, Bora, Marcón, Tomeza, Salcedo, Ponte Sampaio e Canicouva.

Será un traballo por sete meses e medio e cun contrato de 27.321 euros.

Este traballo consistirá en descubrir que vivendas están conectadas ao saneamento e cales non o están, para logo enviarlles unha conunicación informándolles que é unha obriga legal conectarse. Dende ese momento, -conectadas ou non á rede de saneamento- o Concello poderá pasarlle a taxa correspondente. Tamén haberá un prazo de alegacións por parte dos veciños.

O portavoz do Goberno e concelleiro de Economía, Raimundo González explicou que cada conexión por vivenda do rural lle supón ao Concello entre 10.000 e 12.000 euros. Ademais, de que todas as vivendas que non están conectadas supón un claro caso de insalubridade e non se rentabiliza o investimento que se está a facer ás parroquias, e que -en teoría- reclaman todos os veciños do rural.

De feito, nun muestreo realizado nun lugar dunha parroquia, realizado na anterior fase de inspección, detectáronse que de 1.000 vivendas, estaban conectadas 453 e non conectadas 522.

Aproveitando que se fai a inspección do saneamento, tamén se fará a do lixo que se cobra no mesmo recibo.

Por outro lado, a empresa Laya tamén fará os traballos de renumeración das vivendas das citadas parroquias do rural, por un orzamento de 34.686 euros.