O Concello paga aos seus proveedores nunha media de 35 días

5

O Concello mellorou sensiblemente o período medio de pago a proveedores, que no útlimo trimestre situouse en 35,09 días de media (no último ano eran 50 días).

No último trimestre abonáronse 10.195.000 euros e pagáronse 2.490 facturas. Esta mesma baixada tamén se rexistrou nos organismos autónomos: no Pazo da Cultura o período medio de pago a proveedores é de 19,61 días e no IMD de 18.04 días. A pendencia nestas oficinas sempre foi menor que no Concello.

A modo comparativo, no segundo trimestre do ano pasado o Concello pagou 8.917.000 euros e pagáronse 15.075.000 euros.

O concelleiro de Economía e Facenda, Raimundo González explicou que “agora pagamos en menos tempo e máis cantidade” o que redunda na mellora da economía local porque se transfiren cartos ás empresas o máis rápido posible para realizar a súa actividade.

Raimundo González quixo trasladar os parabéns a todos os servizos do Concello por esta dilixencia nos pagos.