O IMD aproba máis de medio millón de euros para subvencionar a actividade física

45

A Xunta Reitora do Instituto Municipal de Deportes (IMD) aprobou o pasado venres as liñas de subvención destinadas ao apoio da actividade física no Concello por valor de 505.000 euros no curso 2015/2016. Foi aprobada polos votos a favor do Grupo de Goberno e tamén polos clubs que integran esta Xunta Reitora. Os grupos políticos da Oposición abstivéronse na súa votación.

Da contía total, 300.000 euros están destinados á competición deportiva e 60.500 a eventos deportivo. O resto está destinado ás Escolas Deportivas Municipais:  108.000 para o ámbito urbano; 24.000 euros para o rural; e o resto destinada para o fomento de actividades físicas para persoas con discapacidade.