O Concello saca a contratación, por catro anos, a xestión do Centro de Intrepretación das Torres Arcebispais (CITA). Entre as obrigas está a apertura, atención ao público, mantemento ordinario, reparacións menores e limpeza. Será por 32.670 euros ao ano.
Adxudicada a mellora de Areeiro a Agrovello, en Lourizán
A Xunta de Goberno Local tamén aprobou a adxudicación da rehabilitación integral do firme entre o Areeiro e Agrovello, na parroquia de Lourizán. A adxudicataria foi a empresa E.C.Casas por 84.527 euros que achegou como melloras o incremento do grosor do asfalto e a instalación de lombos.