Recta final para o novo abastecemento de augas da ría

20

 

Na primeira quincena de setembro quedarán rematadas as grandes obras que tiveron lugar nos últimos anos nos concellos da ría para mellorar o servizo de abastecemento de auga potábel á capital e comarca. Así o anunciou Isabel Pérez Espinosa, delegada territorial de Acuaes á alcaldesa accidental, Carme da Silva, xunto a que compareceu tras unha reunión co resto dos responsables técnicos e municipais.
Un dos aspectos que destacou foi que quedaran lixeiramente por debaixo dos 33 millóns de orzamento nos que estaban fixadas as obras “non só non nos pasamos no gasto, senón que quedamos por debaixo das previsións”, dixo fachendosa, destacando que é unha obra que comezou a deseñarse en 2008. Dos 33 millóns, 20 son aportados polos fondos europeos Feder, 5 millóns fóron adiantados pola sociedade estatal Acuaes e os 8 restantes polos concellos.
A obra consistiu básicamente en instalar 47 km de conducións, construir 7 depósitos novos e doblar a capacidade da estación de tratamento de Lérez.