Sétima Feira abre a súa tenda “efémera” coas propostas de dez creadores

47
    • Ábrese este xoves, ás 20.00 horas, nun baixo habilitado detrás da Casa Consistorial

Sétima Feira abrirá o vindeiro 4 de agosto, ás 20.00 horas, unha tenda “efémera” na rúa Alhondiga. Foi presentado esta mañá pola concelleira de Promoción da Cidade, Anabel Gulías acompañada pola directora da Escola de Deseño e Moda de Galicia, Lola Dopico e a creadora Olalla…

Esta tenda pretende darlle continuidade á Sétima Feira, que colleu vacacións no verán, mantendo o espírito co que naceu esta novidosa feira: favorecer o encontro de deseñadores de Galiza, mantendo unha vía de comercialización das súas creacións.

Esta tenda, que estará aberta dous meses, até o 4 de outubro, abrirase de luns a sábado en horario de 12.00 a 15.00 horas e de 19.00 a 22.00 horas.

Nela haberá creacións de:

    • Black Whale Proyect
    • Super Villano
    • León La gata
    • Doppiache
    • Xiro
    • Trigo Po
    • Green Wal Garden
    • Albi Castillo
    • Tom & Boy
    • Wood Proyects