A Feira do Mel, a cita máis doce do verán pontevedrés

17

Chega a cita máis doce do verán pontevedrés. O próximo sábado, 13 de agosto, coincidindo co arranque das festas da Peregrina, abre a Feira do Mel de Pontevedra que vai xa pola súa 26 edición.

O certame está organizado pola Asociación CCU-Zona Monumental e a Asociación de Apicultores da Provincia de Pontevedra e conta coa colaboración do Concello de Pontevedra. A concelleira de Promoción Económica e da Cidade, Anabel Gulías, subliñou  a dobre vertente do certame xa que por unha banda, pon en valor un produto noso e de calidade e as súas potencialidades (gastronómicas, cosméticas, medicinal,…) e pola outra contribúe a dinamización do casco histórico e por extensión da cidade.

Seis apicultores pontevedreses darán a coñecer o mundo máxico das abellas e o seu produto estrela, o mel, ao tempo que un amplo programa de actividades convidará a pequenos e grandes a achegarse até a rúa Serra.

A Feira do Mel estará aberta dende o 13 ao 21 de agosto e xunto con degustacións, maridaxes e venta haberá obradoiros de extracción de mel e de elaboración de produtos cosméticos; xogos e obradoiros infantís (elaboración de barquiños de mel, glosalxia, maquillaxe…) e charlas divulgativas.

O horario de apertura será de 10 a 14 horas e de 18 a 22 horas agás os festivos que será de 11 a 14 horas e de 18 a 22.

programa feira meleira