Chegaron as festas da Peregrina

149

O pregón enxeñoso e retranqueiro do escritor, guionista e articulista Rodrigo Cota e o foguete tirado polo alcalde Miguel Fernández Lores dende a balconada do Pazo e Mugartegui anunciaron a chegada das festas da Peregrina 2016. Por diante unha semana chea de citas, para xente de todas as idades e todo tipo de gustos

Rodrigo Cota reivindicou, na súa calidade de pregoeiro, a condición de “cidade inspiradora” de Pontevedra, a verdadeira “Cidade da Cultura” de Galiza. Un cualificativo que lle levou a pedir a Xunta que si de verdade quere investir na promoción da cultura do país “que veñan aquí a comprobar como con poucos recursos, con moitas ganas, iniciativa, imaxinación e inspiración, pódese facer industria cultural de primeira calidade”.

Porén a vertente reivindicativa do pregón non agachou o humor e retranca dun Rodrigo Cota que fixo un persoal repaso pola historia da cidade, polas súas aportacións ao mundo e unha homenaxe aos alcaldes-construtores da etapa democrática, aos que reuniu con Lores á fronte na balconada de Mugartegui dende a que convidou a todos e todas a gozar da festa: “Divírtanse, coman e beban dabondo que para iso Pontevedra é boa vila e da de beber a quen pasa”.

Pasarrúas, procesións, concertos, espectáculos pirotécnicos, a batalla de flores, festivais infantís, exhibicións deportivas, atraccións de feira e barracas, verbenas… e rúas ateigadas de xente serán o día de día de Pontevedra até o remate das festas da Peregrina alá polo 21 de agosto.

Programa completo en www.pontevedra.gal