Comeza a instalación dos elementos deportivos na nova praza de Barcelos

78

O Concello comezou esta semana a dar contido á ampliación da praza de Barcelos. Como estaba previsto, estanse a instalar novos elementos de carácter deportivo para complementar este espazo de lecer, que xa conta co parque infantil máis concurrido da cidade.

Neste momento estanse a habilitar dúas canchas de fútbol e baloncesto con porterías e canastras. Tamén se instalará unha superficie para xogar a tenis de mesa. E toda a zona estará equipada con bancos, papeleiras e unha fonte.

A instalación é fronte ao muro do convenio de Santa Clara e poderá estar lista nos vindeiros días.

Tal e como adiantaria o concelleiro responsable de obras urbanas, o obxectivo desta intervención é dotar a unha das prazas máis importantes da cidade de equipamentos complementarios ao parque infantil, co obxecto de que este espazo sexa “tomado” polos veciños, especialmente, os máis cativos. Ademais, con esta actuación comézase a dotar aos barrios da cidade con instalacións deportivas destas características, que non abundan na cidade.