Peche da rúa da Barca dende o luns para a pavimentación final da calzada

22

A rúa da Barca volverá a pecharse ao tráfico a vindeira semana para rematar os traballos de rehabilitación do firme que comezaron no mes de xullo e que se pararon con motivo das festas da Peregrina.

Do luns ao mércores pavimentarase a rúa, e volveranse a adoptar as medidas de tráfico que se habilitaron durante a obra: prohibirase o estacionamento en Jofre de Tenorio e A Barca. Garántase o acceso aos garaxes da rúa da Barca. O peche da Barca farase dende o luns, ás 09.30 horas e abrirase ao longo do mércores ou no momento en que rematen as obras.

Coa pavimentación, rematará a rehabilitación integral da calzada que permitiu reparar toda rede de servizos da rúa, especialmente a de saneamento que se atopaba en moi mal estado. Reparáronse as fochancas da rúa e refixéronse os pozos de servizo, ademais de retirar todas as tubaxes en mal estado e substituílas por novas.

Rua da Barca