Pasada a Feira Franca, a Concellaría de Cultura retoma a súa actividade habitual ocupando os espazos tradicionais na cidade: o Pazo da Cultura e o Teatro Principal. Nesta ocasión, a concelleira de Cultura, Anxos Riveiro presentou a programación de Ponteatro que comeza o vindeiro 6 de outubro a 15 de decembro no Teatro Principal.
Ponteatro oferta na súa sexta edición (e segunda dos venres golfos) ao mellor das obras teatrais que se poñen en escea neste país. E os espectadores responden á boa programación de Ponteatro que ten unha media de 273 espectadores.
Tamén están conveniadas cos centros da ESO tres funcións: Palabras malditas, Foucellas e Get Back.
As entradas individuais son de 8 euros, e os abonos do 48 euros para todas as funcións.
Consulta a nova programación de Ponteatro 2016.