Chega Núbebes da man do monicreque Roque e adicado á discapacidade

418

Teatro, contos, danza, música, obradoiros…e novidades (novos espazos, pasarrúas, animación nas colas de entrada, novos personaxes e dúas conferencias do pediatra Carlos González), todas elas ao redor das artes escénicas. Con setembro chega a Pontevedra o Festival das Núbebes con un amplo abano de actividades para as familias e para profesionais e da man do monicreque Roque (e os seus convidados) que estará no certame facendo as delicias dos pequenos e arrancando sorrisos ós maiores.

O Festival das Núbebes, que está na súa cuarta edición, está adicado a discapacidade, “ a visible e a invisible”, subliña a concelleira de Benestar Social e Educación, Carmen Fouces, e como sempre conxugará actividades de lecer para os bebés (nenos e nenas de 0 a 3 anos) e familias coa formación e o intercambio dos profesionais que traballan acotío con pequenos.

Nesta ocasión na organización das actividades e obradoiros, a concellería e Baobab Teatro, organizadores do certame, contan coa colaboración activa de distintas asociacións que traballan coa discapacidade como Amencer-Aspace, Xuntos, Anedia ou AESII.

Núbebes desenvolverase durante dous fins de semana: os dos días 16, 17 e 18 de setembro e os 23, 24 e 25 de setembro e distintos espazos: Teatro Principal, Casa das Campás, Casa da Luz, Pazo das Mendoza (por primeira vez) en Pazo da Cultura (onde terán que recuncar todas as actividades do último día ao coincidir con xornada electoral).

As actividades das Núbebes teñen un aforamento limitado polo que sexan de balde (as máis) ou de pago (3 euros) é necesaria a recollida previa de entradas na billeteira do Teatro Principal. O domingo 25, a billeteira trasladarase ao Pazo da Cultura.

As entrada teñen que retirarse o mesmo día da función (cun máximo de 4 por persoa e espectáculo) nos seguintes horarios: de 10.00 a 13.00 para os espectáculos de mañá e de 16.00 a 19.00 horas para os espectáculos de tarde. Os venres só abrirá de tarde.

Por outra banda, os obradoiros para profesionais requiren inscrición previa. Póde facerse en inscricion@baobabteatro.com

Toda a información:  www.facebook.com/festivaldasnubebes

Programa_NUBEBES_2016

cartel_NUBEBES_2016