Cunca e nécora ten xa segunda edición e con novidades

641

Tralo éxito de “Cunca e nécora” -roteiros polo casco histórico que conxugan cultura e gastronomía postos en marcha este verán- xa hai programada unha segunda edición que se desenvolverá neste mes de setembro e que traerá unha novidade: “Cunca e nécora Noitiña”.

Trátase de roteiros de 120 min de duración polo centro histórico, nos que se fan catro paradas para degustar o mellor gastronómica e enoloxicamente falando da nosa terra. Están promovidos pola empresa Turiña en colaboración coa Concellería de Promoción da Cidade.

En “Cunca e nécora Noitiña” os roteiros son nocturnos, sairase ás 20.00 horas da tarde e percorreránse novos bares da cidade: Tabula Rasa, O Grifón, Envero e El Pequeño, onde finalizará a visita cun concerto. O obxectivo é dar a coñecer outros locais da zona, así como a vida nocturna da cidade e outro tipo de produtos.

Cunca e nécora Noitiña: 16, 23 e 30 de setembro. Saída ás 20.00 horas da praza de España.

Cunca e nécora: 17 e 24 de setembro e 1 de outubro. Saída ás 12.00 horas da praza de España.Prezo: 10€

Reservas: turinapontevedra@gmail.com

Balance positivo

A primeira edición de “Cunca e nécora”, con tres visitas programadas, deixou un balance máis que positivo, segundo explican os promotores da iniciativa, pois completáronse as tres visitas, creouse un sistema de lista de espera para as seguintes edicións e os locais amosaron o seu interese pola continuidade do evento.

Das enquisas feitas entre os participantes dedúcese que o público asistente quedou máis que satisfeito e púdose acreditar a implicación dos bares (que chegaron a ofrecer máis produto do demandado) e este novedoso método de coñecemento da cidade.

O percorrido de “Cunca e nécora” comeza na Praza de España e continúa por Curros Enríquez, Peregrina, Ferraría, Praza da Leña, Verdura, Méndez Núñez, Mercado de Abastos, Cinco rúas para rematar no Teucro. As rutas desenvolvidas nos meses de xullo e agosto, nas que participaron residentes e turistas, combinou as explicacións de historias da cidade e dos seus persoeiros coa degustación de produtos da terra nos locais: La Cata, La Navarra, Loaira e Los Olmos.