O posicionamento exterior da cidade avanza

96

O posicionamento exterior da cidade avanza. As citas da próxima semana (Rouen, Loulé, Alicante, Pamplona… a visita de Tonucci e alcaldes do Lazio) e o interese amosado por distintos medios de comunicación internacional son a proba.

Mesmo hoxe, o alcalde de Pontevedra, Miguel Fernández Lores, recibiu a Hugo Tian, representanate da rexión chinesa de Hunan – onde se atopan as montañas de Zhangiajie, escenario da película Avatar- quen está interesado no modelo urbano de Pontevedra que respecta ás persoas e o seu patrimonio histórico. Un interese que propuxo concretar cun “hermanamiento”.

As citas inmediatas que hai por diante son as seguintes:

15 de setembroRouen (Francia): Forum Métropole(s) en Transition.

16 de setembro, Alicante. Dentro dos actos da Semana europea da mobilidade estamos convidados a impartir unha conferencia de 17 a 19 horas no Departamento de Socioloxía II da Universidade de Alicante. As xornadas que se inician coa nosa conferencia titúlanse: “Movilidad sostenible en entornos urbanos”. A conferencia de Pontevedra é: “Una ciudad centrada en las personas. Peatones, seguridad y movilidad. Hacia una inversión del esquema dominante” e estará a cargo de Daniel Macenlle, intendente principal da Policía Local.

21 de setembro, Loulé (Portugal).Seminario de mobilidade urbana. Dentro da sesión II Boas prácticas de mobilidade urbana. Caso de estudo “A cidade de Pontevedra”. Ponente, José Manuel Tato, director xeral de Urbanismo do Concello de Pontevedra.

21 de setembro, Pamplona. Jornadas de buenas prácticas en energía y cambio climático. En sintonía con el cambio climático. Pontevedra conferencia inaugural co título “Pontevedra, ciudad que camina”. Compartirá experiencias: Granada, Madrid, Andorra, Vitoria, entre outras. Ponentes, Anabel Gulías,

20-22 de setembro. O psicopedagogo Francesco Tonucci ao fronte dunha delegación de alcaldes e representantes municipais de concellos da rexión do Lazio (Italia) estarán en Pontevedra co fin de participar nunha xornada técnica sobre o modelo de cidade e coñecer os camiños escolares cos exemplos prácticos de Monte Porreiro e Barcelos. Tamén coñecerán a extensión do modelo pontevedrés ao rural cunha visita á parroquia de Salcedo.

CONVITE. Pekín. Instituto Urbano de CFLD (China Fortune Land Development Co., Ltd) convida ao alcalde Miguel Fernández Lores a dar unha conferencia sobre o modelo urbano de Pontevedra “a experiencia exitosa da primeira cidade sen coches no centro urbano”. OInstituto traballa no estudio e análise de estratexias de desenvolvemento de cidades. Na actualidade traballa coa Academia de Bellas Artes de China na planificación urbana do novo centro de Beijing (Pekín), o que será o novo distrito administrativo da capital chinesa.

MEDIOS

France-Presse: A xornalista Laurence BOUTREUX da axencia France Press contactou co Concello de Pontevedra co fin de facer unha reportaxe dos Camiños Escolares. O seu interese por Pontevedra xurdiulle ao ler unha entrevista co psicopedagoxía italiano Francisco Tonucci e o programa a prol da independencia e autonomía infantil dos nenos que se aplica e 20 concellos do Estado español… entre eles, e como exemplo, o de Pontevedra. Quere coñecer o proxecto co arranque do curso escolar: como e cando decidiuse pór en marcha a iniciativa, deseño, obxectivos educativos e de desenvolvemento persoal dos nenos e nenas, itinerarios, organización… e resultados após de cursos de experiencia.

Mediados-finais de outubro: Grabación da TV pública Corea KBS para un programa que se chama “Los secretos de la salud”. É un programa documental que se emitirá entre abril e maio en Corea sobre os beneficios de certas prácticas e iniciativas para a saúde. Hai varios equipos grabando en distintos puntos do mundo (Asia, Estados Unidos, Europa, Inglaterra…). En España graban a Pontevedra sobre os beneficios de camiñar.