Sétima Feira está de volta!

22

Sétima Feira é un escaparate para novxs creadorxs, pero tamén para o comercio local, está de volta este sábado, 10 de steembro, no primeiro andar da Praza de Abastos con proxectos interesantes como a libraría infantil Patakafrita. Tamén haberá un oco para as creacións de A Tenda, espazo efémero situado na Rúa Alhóndiga, onde 10 deseñadorxs galegxs expoñen e venden as súas propostas.

Na Sétima Feira Infantil a cativada poderá achegarse de novo ao mundo do grafitti co grafitero O ́RAS. Esta actividade tivo tanto éxito no mes de xuño que a organización decidiu repetila, e de non chover farase no exterior do mercado.

A actividade desenvolverase en 4 quendas dende as 11 ata as 15 h e é de balde previa inscrición en setimafeira@pontevedra.gal

O espazo gastro estará ocupado pola polbería O Ruzo e da música ocuparase a cantante pontevedresa Palito

Sétima Feira é unha iniciativa impulsada pola Área de Promoción Económica do Concello de Pontevedra que ten como finalidade dinamizar a escea creativa da vila, favorecendo un espazo para o emprendemento creativo, e apostando pola colaboración entre os/as novxs creadorxs e o comercio local.

Listado de Postos SF10S

  • ELEFANTAS DE CACHARRERÍA, organización de evento
  • CRAZY ZEBRA, complementos infantís
  • DEGERONIMO, mochilas e complementos en tea.
  • HEY JUDDY, cerámica
  • ESTILO PURATITI, turbantes e accesorios para o cabelo
  • NENÉ SON JOYAS, xoieiría STUMPISTER, textil
  • QUEEN LUPA, souvenirs
  • LE CHANELAS, téxtil
  • COLLE MELLON, ilustración
  • ABELÁ, ilustración
  • LIBRARÍA PATAKA FRITA
  • HOJADELIMÓN, cosmética natural
  • A TENDA, espazo efémero de deseñadorxs galegxs