Aprobado o estacionamento de autocaravanas, que inicia a súa contratación

153

A Xunta de Goberno aprobou esta mañá o proxecto de acondicionamento do estacionamento de autocaravanas na parcela de Tafisa que o Concello ía destinar a un hotel. O proxecto ten un orzamento de 209.385,39 euros e contempla a instalación de 20 prazas de estacionamento para autocaravanas, e 66 prazas para estacionamento de turismos.

Trátase dun contrato negociado sen publicidade, polo que unha vez que saía a contratación -que será en breve- as empresas terán un prazo de 5 días para presentar as súas ofertas. O prazo de execución é de 3 meses.