Continuamos Pisando Forte

63

Queda aberto hoxe 12 de setembro o prazo de preinscrición para os novos cursos de Pisando Forte (segunda quenda), o programa que promove a Concellería de Xuventude co fin de mellorar as condicións de acceso ao emprego da mocidade de Pontevedra a través de formación. Vai dirixida a mozos de entre 16 e 35 anos.

Formularios de solicitude on-line na web https://xuventude.pontevedra.eu ( inscribete Pisando Forte 2016)

Información:
Concellaria de Xuventude – Concello de Pontevedra Casa Azul, r/ sor Lucia no 2-3 andar.
tel.986 84 03 67
xuventude@pontevedra.eu

I XORNADA “ESCOLA MUNICIPAL DE IGUALDADE PARA A MOCIDADE”

Presentación da Escola Municipal de Igualdade para a Mocidade neste espazo de intercambio de experiencias onde se falará da necesidade da formación en igualdade de oportunidades, da coordinación dos recursos e experiencias existentes, para logo centrarnos no marco do ocio e tempo libre como espazo educativo da mocidade.

Data: sábado 19 de novembro
Lugar: Pazo da Cultura
Horario: 9,30-13,30h.
Duración: 4 horas
Preinscrición: a partir do 12 de setembro

OBRADOIRO RELACIONAL “CONECTA COAS TÚAS FILLAS E FILLOS”

Curso para o intercambio de ferramentas e coñecementos entre pais, nais e titorxs. Facer fronte aos problemas, ter opinión propia, tomar decisións libres, ter pensamento crítico, etc non se improvisa, é un proceso que se desenvolve ao longo de toda a vida. Educar dende a dependencia á total autonomía a través da educación emocional, a coeducación, o manexo de conflitos, … en definitiva, mellorar a nosa conexión e comunicación.

Imparte: Yolanda Cortegoso (Psicóloga)
Datas: martes 27 setembro, 4, 11, 18 e 25 de outubro Lugar: Casa Azul
Horario: 20 – 22h.
Prazas: 15
Duración: 10 horas
Preinscrición: a partir do 12 de setembro

OBRADOIRO RELACIONAL “LIGUE, SEDUCIÓN E SEXUALIDADE PARA MOZXS”

Neste obradoiro coñecerás a linguaxe da sedución, estratexias, habilidades e técnicas de ligue e traballaremos para cultivar e coidar a nosa sexualidade dende as relacións igualitarias e respectuosas.

Imparte: Yolanda Cortegoso (Psicóloga) Requisitos: mozos e mozas a partir dos 15 anos. Datas: luns 3, 10, 17, 24 e 31 outubro
Lugar: Pazo da Cultura
Horario: 18-20h.
Prazas: 15
Duración: 10 horas
Preinscrición: a partir do 12 de setembro

SÁCALLE PARTIDO Á TÚA MARCA PERSOAL

Que é a marca persoal? Introdución ás redes sociais (Linkedin, Google Plus, Twitter, Blogs, Youtube, Facebook). Ferramentas para xerar contido atractivo e estratexias. Xerar oportunidades a través da nosa marca persoal.

Imparte: Xeneme Proxectos Sociais Datas: 5,6,13,19 outubro
Horario: 16-20h.
Lugar: Pazo da Cultura

Prazas: 20
Duración: 16 horas
Preinscrición: a partir do 12 de setembro

COMMUNITY MANAGER

Coñece o mundo das redes sociais e sácalle partido profesionalmente. Mellora das túas condicións e capacidades para a venda de produtos e servizos por Internet.

Imparte: Xeneme Proxectos Sociais Datas: 20, 26 e 27 outubro
Horario: 16-20h.
Lugar: Pazo da Cultura

Prazas: 20
Duración: 12 horas
Preinscrición: a partir do 12 de setembro

CURSO DE INICIACIÓN AOS LABORES FORESTAIS

Formación sobre labores de desbroce en masas forestais, plantación e sementeira, poda, prevención de incendios, control de especies invasoras, aproveitamentos forestais, etc…

Imparte: Ex-alumnado do Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Lourizán
Datas: do 19 ao 28 de outubro 2016
Lugar: Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Lourizán

Horario: de 16 a 20 h.
Prazas: 15
Duración: 30 horas
Preinscrición: a partir do 12 de setembro

CLASES DE APOIO PARA PREPARACIÓN DE EXAME DE COMPETENCIAS CLAVE

Dirixido a persoas desempregadas e sen estudos de ESO, para axudarlles a preparar as materias do exame de Competencias Clave – nivel 2 que convoca a Consellería de Traballo e Benestar todos os anos no mes de maio.

Datas: de febreiro a maio de 2017 . Total 100 horas de docencia
Lugar: Casa Azul
Prazas: 20

PREINSCRICIÓN ABERTA ATA O 15 DE DECEMBRO 2016 FORMULARIO ON -LINE . PROGRAMA PISANDO FORTE 2016