O Concello conxela os impostos e taxas municipais en 2017

88

O concelleiro de Facenda, Raimundo González anunciou esta mañá que o Goberno Local ten tomada a decisión política de conxelar as taxas e impostos municipais para o ano 2017. É o terceiro ano consecutivo que o Goberno Local conxela as taxas e impostos (27 ordenanzas fiscais en total), ao que hai que engadir que en 2014 tamén se incluiron nesta conxelación unha grande parte destas cargas municipais.

Segundo os datos do Ranquing tributario dos municipios españois 2015 (o último publicado) que elabora o Concello de Madrid, Pontevedra está entre os concellos con menor carga impositiva das capitais de provincia. Por impostos, a súa situación é a seguinte:

  • IBI: posto 42
  • Vehículos: posto 43
  • ICIO: posto 41
  • Plusvalía: 40
  • IAE: 34

Raimundo González que “esta é unha boa nova para os veciños de Pontevedra, que suporá unha pequena axuda para as súas economías”.

Reducir a presión impositiva, non implica que o Concello cese na depuración dos padróns de taxas e impostos, e continúa na súa loita contra a fraude achegando máis eficiencia na xestión económica. Estase a traballar na revisión do IAE e comezarase a revisar as taxas de auga e lixo. As inspeccións do IBI e do 1% ás empresas monopolíticas, está practicamente rematado.