Rouen mira cara Pontevedra, a cidade sen coches

59

“Metrópoles en transición” é o título xenérico do fórum que terá lugar mañá xoves, 15 de setembro, en Rouen (Francia) organizado por Rouen Metropole Normandie e que adicará unha das súas sesións a estudar o caso de Pontevedra como exemplo de “cidade sen coches”, como adoitan referirse en Francia á nosa cidade.

Será a partires das 13,30 hora cando o alcalde de Pontevedra, Miguel Fernández Lores intervirá compartindo mesa coa alcaldesa de Hasselt (Bélxica), unha cidade semellante a Pontevedra tanto na súa dimensión demográfica como na súa pegada peonil.

Hoxe mesmo, a partir das 19.30 horas, o alcalde Miguel Fernández Lores, manterá un primeiro contacto coa realidade urbana de Rouen xa que fará unha visita guiada xunto co presidente da Métropole Rouen Normandie, Frédéric Sánchez. Após manterán unha xuntanza de traballo.

O fórum da cidade normanda complétase coas intervencións do alcalde de Rouen, Yvor Robert, o presidente da súa Metrópole, Frederic Sánchez, o director de WWF France, Pascal Canfin, o director do Instituto de Investigación Epidemiolóxica do deporte, Jean-Francois Toussaint e outros especialistas chegados de París e Estrasburgo. Tamén participarán os impulsores do Congreso Internacional Walk 21, Jim Walker e Bronwen Thornton. Para rematar, a socióloga urbana Sonia Lavadinho falará da vitalidade comercial do centro peonil de Rouen, e un “desfile de boas ideas” pechará o forum.

programa-rouen