Na procura da mellor idea para unha peza audiovisual sobre compostaxe

49

A implantación dun sistema alternativo de recollida e tratamento de lixo, a Compostaxe, é unha das prioridades do Concello de Pontevedra para os vindeiros anos; un interese amosado coa posta en marcha de numerosas iniciativas para o seu desenvolvemento. Unha delas é o lanzamento dunha convocatoria para a realización dunha peza audiovisual que reflicta o nacemento e os antecedentes do proxecto, así como o seu desenvolvemento dende o inicio ata o lanzamento definitivo. A duración do proxecto será dun ano.

A convocatoria foi lanzada polo Concello de Pontevedra a tódalas empresas culturais e creativas que forman parte do programa “Pontevedra ten un Puntazo” promovido polas Concellerías de Promoción da Cidade e de Cultura.

O prazo para a presentación das propostas finaliza o vindeiro martes, 20 de setembro de 2016 ás 12.00 horas. A proposta seleccionada daranse a coñecer o luns 3 de outubro, logo de ter valorado os seguintes criterios: Formar parte da rede “Pontevedra ten un Puntazo”, a colaboración entre as empresas da rede e a orixinalidade da idea.

As empresas interesadas en participa, aínda as que na actualidade non formen parte de rede “Pontevedra ten un Puntazo”, poden informase en pontevedratenunpuntazo@pontevedra.eu.