Poxa de seis vehículos na Casa da Luz

68

O Concello de Pontevedra realizará o vindeiro 7 de novembro, a partir das 09.30 horas na Casa da Luz, unha poxa de seis vehículos embargados polo Concello.

Os vehículos son:

    • Vehículo Daimler Benz (licitación: 1.940 euros)
    • Fiat Stilo (1.380 euros)
    • Opel Astra (1.630 euros)
    • Peugeot 406 (1.580 euros)
    • Hyundai Atos (490 euros)
    • Toyota Corola (1.020 euros)

Os coches están depositados no parque do guindastre municipal, sito na rúa Camposanto, nº9, e poden ser examinados en horario de 09.00 a 15.00 horas, de luns a venres, até o día anterior á poxa.

http://sede.pontevedra.gal/public/publications/list/taxoffice/POXAS/details/13113191