O vindeiro 13 de outubro abre o prazo para solicitar un posto no Mercado das flores do 1 de novembro

28

O vindeiro 13 de outubro, o Concello de Pontevedra abre o prazo para a solicitude dun posto no mercado de flores da praza da Ferraría do 1 de novembro, con motivo da celebración do día de Todos os Santos.

As persoas interesadas en obter un posto no Mercado das flores deberán persoarse nas dependencias da administración do Mercado de Abastos para retirar as instancias necesarias. Poderán retiralas de luns a venres en horario de 09.00 a 14.00 horas.

O prazo para a presentación de instancias estará aberto até o 27 de outubro.

Os vendedores poderán montar os seus postos dende as 02.00 ás 10.00 horas.