Os concertos do Ciclo de Outono da BMP, en domingo

52

O concerto “Samaín Musical”, adicado aos sons celtas e coa actuación de José Manuel López “Josele” como solista, inaugurará o próximo domingo, 9 de outubro, o Ciclo de Outono da Banda de Música de Pontevedra (BMP) no Teatro Principal.

Seis concertos conforman a programación do Ciclo de Outono que este ano chega con novidades organizativas de alcance: os concertos trasládanse ás mañás do domingo e todos eles serán de balde. Ademáis conxugarase a experiencia de solistas como a do director convidado David Fiuza coa proxección de artistas da propia BMP.

Os amantes da música de todas as idades, polo tanto, terán un cita marcada no calendario os seguintes domingos: 9 e 23 de outubro, 6 e 20 de novembro e 4 e 22 de decembro. Todas no Teatro Principal, ás 12.30 horas agás a derradeira, a do 22 de decemebro, que será ás 21.00 horas.

Os concertos programados son os seguintes:
Samaín Musical. 9 de outubro
Adicado a música celta e con José Manuel López “Josele” como solista convidado. Concerto en Familia: Walt Disney en concerto. 23 de outubro
A música das películas de Disney
América: Colonia de Europa. 6 de novembro
Música que une aos dos continentes co director convidado David Fiuza Souto Musicolandia: O país dos instrumentos. 20 de novembro
Música e artes escénicas adicadas aos máis pequenos
Romanticismo Boreal. 4 de decembro
Música romántica creada en Escandinavia con Nicolás Leiro Álvarez (trombón) como solista
Antoloxía da Zarzuela. 22 de decembro.
Solistas: Marina Penas (soprano) e Jacobo Rubianes (barítono)

programa-ciclo-de-outono-bmp