Pontevedra recibe 10 millóns de euros de fondos europeos

246

O Boletín Oficial do Estado (BOE) recolle hoxe a publicación das axudas do Desenvolvemento Urbano Sostible e Integrado (DUSI) financiadas a través dos fondos europeos FEDER de crecemento sostible, nas que Pontevedra recibe unha contía de 10 millóns de euros. O concelleiro delegado da área urbana, Luís Bará calificou esta publicación de “moi boa noticia para a cidade”.

O Concello de Pontevedra presentara a finais do ano pasado un proxecto para concurrir a estes fondos de 18,7 millóns de euros para realizar no calendario 2016-2022 baixo o título “+ Modelo urbano Pontevedra” e que seguía a liña das principais actuacións do modelo de desenvolvemento urbano da cidade. O Goberno Local entendía que o modelo de cidade casaba perfectamente nas bases da convocatoria destes fondos, como se acaba de demostrar con esta concesión.

O proxecto abordaba distintos bloques de traballo cos seguintes proxectos e contías:

dusi-proxectos

O concelleiro Luís Bará explicou que esas eran as prioridades do Concello, e agora tocará priorizar os proxectos e reconfigurar os tempos “aínda que hai suficiente prazo, xa que remata en 2022”.

Luís Bará quixo agradecer o traballo de todo o persoal municipal que traballou no proxecto así como o apoio unánime dos grupos políticos municipais que apoiaron “+ Modelo urbano Pontevedra”.