Quenda das rúas Tristán de Montenegro e Pratería Vella

51

 

A rehabilitación integral das rúas Pratería Vella e Tristán de Montenegro xa ten proxecto asi que comeza o proceso de tramitación administrativa que rematará na adxudicación dunhas obras que saen adiante ao abeiro do ARI que inclúe un apartado de actuacións en espazos públicos. As novas obras proxectadas para o casco histórico teñen un custe de 213.607 euros e un prazo de execución de tres meses, un tempo no que se meten tamén as posíbeis melloras que se poidan ofertar,

A reforma das rúas Tristán de Montenegro e Pratería Vella foi redactado polos servizos técnicos municipais a instancias da Concellería de Accesibilidade e Patrimonio Histórico co fin de transformar un espazo público desaxeitado e obsoleto nunha zona para uso e gozo da veciñanza. A rexeneracións dos espazos urbanos deberá garantir tamén á accesibilidade de tódolos cidadáns

O proxecto abrangue as dúas rúas dende o seu comezo até o remate e inclúe renovación completa da instalación e o tratamento da pavimentación que consistirá na execución de bandas de pedra que confinen un chan realizado con pedra tipo chapacuña.

Polo que respecta a renovación dos servizos está previsto as seguintes actuacións:

  • Rede soterrada de abastecemento de auga potable. Renovación total
  • Rede soterrada de esgotos separativa. Na actualidade ten carácter unitario e substituírase pola instalación dunha rede separatva formada por unha rede de recollida de augas fecais e outra de sumidoiros para a recollida de augas pluviais.
  • Rede soterrada de gas natural. Non existe na actualidade. Porase unha rede que dea servizo á totalidade dos usuarios potenciais da zona.
  • Alumeado público. Na actualidade a canalización é aérea e substituirase por outra soterrada, ademais de acometerse a renovación completa das luminarias
  • Canalización dos subministro de enerxía eléctrica. Nova canalización para o posterior soterramento da instalación.
  • Canalización de cable de fibra óptica. Realizarase a canalización soterrada en toda a rúa.