Sétima Feira está de volta!

47

Sétima Feira, o mercado alternativo de Pontevedra, volve tralo parón do verán. Será o sábado, 8 de outubro, coma sempre no 1º andar da Praza de Abastos e en horario de 11.00 a 15.00 horas. Achégate e goza da creatividade do país mentres mercas o peixe, a carne e a froita.

Un dos valores principais de Sétima Feira é favorecer a economía local, apostando por un comercio de proximidade onde todos e todas vémonos implicados directa ou indirectamente. Contamos así ca marca de reciente creación Somos océano, marca de moda sostible onde os referentes son o mar, o norte, as praias… Para a a creación das súas prendas utilizan algodóns orgánicos e traballan sempre a prol da economía local.

Na Sétima Feira Infantil a cativada terá a oportunidade de coñecer a Maruja Mallo, artista galega da Xeración do 27 que destacou pola súa transgresora personalidade e polo seu estilo surrealista e persoal. A actividade desenvolverase en catro quendas dende as 11 ata as 15 horas e é de balde previa inscrición en setimafeira@pontevedra.gal

O espazo gastro estará ocupado nesta ocasión pola polbería O Ruzo e da música ocuparase o cantante pontevedrés Rodrigo Valiente cun concerto ás 13.00 horas  e o resto da mañá estará amenizada polo dj JT.

Sétima Feira é unha iniciativa impulsada pola Concellería de Promoción Económica e da Cidade e ten como finalidade dinamizar a escea creativa da vila, favorecendo un espazo para o emprendemento creativo, e apostando pola colaboración entre os/as novxs creadorxs e o comercio local.

Estarán na SF08OUT

  • LA PLATANERA, ilustración
  • PATAS DE PEIXE EDITORA, libraría
  • MY LITTLE PIURA, decoración e complementos
  • CHARRIA CERAMICS, diseño en cerámica
  • LARA TORRES ILUSTRACIÓN, ilustración
  • SUPERVILLANO, cousas para xs máis pequenxs
  • MR, bolsos
  • SOMOS OCÉANO, téxtil
  • MICO, téxtil
  • TRIGO, téxtil
  • GREEN WALL GARDENS
  • DOPIACE, xoiería
  • MY PROJECT, téxtil
  • MÁGICOS GAGARÍN, ilustración e cerámica
  • DISBO BY LUPITA, cousas para bebés nenxs