Pontevedra, protagonista do curso da FEMP sobre a redución da velocidade nas cidades

39
  1. Pontevedra convertiuse en protagonista involuntaria do curso de formación da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) “A reducción da velocidade do vehículo privado nas cidades, obxectivo da mobilidade sostibel e factor de convivencia cidadá”, incluído dentro do programa de formación contínua da FEMP.

    O modelo de cidade foi obxecto de debate, reflexión e referencia en practicamente todas as ponencias da xornada, até o punto de que tivo que ser o alcalde Miguel Anxo Fernández Lores que participaba como observador no curso pola tarde, o que tivo que tomar a palabra para explicar sucintamente a parte política do modelo de cidade ante o grande número de preguntas que suscitou a explicación de Daniel Macenlle, intendente principal da Policía Local e encargado de expoñer a realidade da cidade do Lérez.

    Os custes económicos do modelo, as reticencias do comercio e dos residentes, os problemas de transporte público ou as queixas polos pasos elevados foron obxecto de controversia que o alcalde resumiu en que a cidade é dos cidadáns e non dos intereses privados da cidade materializados no vehículo privado. “É Pontevedra é a mostra de que funciona. Si, funciona”.

    O representante do Comisariado europeo del automóbil, Eugenio de Dobrynine asegurou que “eu quixiera vivir nunha cidade como Pontevedra, pero non todas as cidades son iguais” ou dende a asociación de viandantes “a pie”, Marcos Montes, asegurou que “Pontevedra es la muestra de que el espacio público es escaso y no es de los coches”. Estas foron algunhas das referencias que se escoitaron no debate final do curso.

    O debate foi posterior á intervención do intendente intendente principal da Policía Local que expuxo a experiencia de Pontevedra a través da conferencia “Peatóns, seguridade e mobilidade urbana. Cara unha inversión do esquema dominante. A pacificación do tráfico como fórmula para a prevención da lesividade”.

    Expuxo que no casco urbano de Pontevedra conviven dúas velocidades 20 e 30km/h. Os 20 km/h están habilitados na zona monumental e nas rúas con plataforma única. O bando da Alcaldía de 1999 declarou o Centro histórico como zona de preferencia peonil, e os vehículos que teñan que circular por ela non deberán superar os 20 km/h.

    O resto do casco urbano está declarado velocidade máxima 30km/h, que supón menos contaminación aérea, menos contaminación acústica e máis seguridade viaria xa que a 30km/h redúcense a 5% os accidentes.

    Pontevedra aplicou un cambio nas prioridades das súas mobilidades poñendo a primeira a peonil, seguida das bicicletas, transporte público e tráfico motorizado privado. Para iso adoptáronse elementos que contribuíran a esa peonalización: ampliación de beirarrúas, mobiliario urbano, redución de carrís, iluminación, supresión de todos os semáforos no centro da cidade, fixando distintos tipas de vías: de coexistencia, humanizadas e con tráficos segregados.

    Á par creouse unha cidade máis democrática coa accesibilidade universal en case todas as vías, grazas aos “lombos salva vidas”, tamén disuasorios da velocidade.

    Entre as cifras que expuso o intendente principal destacan que no período 1997-2006 Pontevedra rexistrou 30 falecidos en accidente de tráfico en vías urbanas, e no período 2007-2015 contabilizáronse 3 falecidos polas mesmas circunstancias.

    Segundo a memoria da Policía Local de 2015, o 82% dos atropelos de peóns son con feridos leves. Rexistrouse un accidente con danos materiais; 28 feridos leves; 5 feridos graves.

    Ao respecto dos ciclistas, na memoría de 2015 rexistráronse 9 accidentes con danos materiais; 23 feridos leves e 3 feridos graves.

    Nos ciclomotores rexistráronse 25 accidentes dos cales 13 foron con danos materiais; 11 con feridos leves; e 1 ferido grave.