Queres un posto no mercado das flores? É o momento

21

Queda aberto dende hoxe 13 de outubro o prazo para a solicitar un posto no mercadiño de flores dos días 31 de outubro e 1 de novembro, que cada ano instálase na praza da Ferrería con motivo da celebración de Todos os Santos.

As persoas interesadas en obter un posto neste tradicional mercadiño deberán persoarse nas dependencias da administración do Mercado de Abastos para retirar as instancias necesarias. Poderán retiralas de luns a venres en horario de 09.00 a 14.00 horas.

O prazo para a presentación de instancias estará aberto até o 27 de outubro, inclusive, Os vendedores poderán montar os seus postos dende as 02.00 ás 10.00 horas.