O Concello comeza a traballar no orzamento do 2017

8

O Goberno Local está a traballar no orzamento municipal para o próximo exercicio cun escenario de prórroga orzamentaria no Estado, o mesmo que comunicou o Goberno central a Bruselas.

O portavoz do Goberno Local e concelleiro de Facenda, Raimundo González, explicou que co documento na man xa saben que as transferencias do Estado que poden agardar son as mesmas que recibiron no 2016, preto de 18 millóns de euros: 17.201 millóns máis 551 millóns engadidos pola liquidación do ano 2015

Nun prazo aproximado de quince días o Goberno local de Pontevedra presentará un primeiro borrador dos orzamentos municipais 2017, segundo informou o portavoz Raimundo González. Entregaráselle o documento aos partidos da oposición co fin de que o avalíen e fagan as achegas que crean convinte.

O orzamento do Concello para o próximo ano incluirá, a maiores, aquela parte do DUSI correspondente ao financiamento dos primeiros proxectos a cargo dos fondos europeos a prol da sostenibilidade concedidos a Pontevedra, un total de 10 millóns.

Cuestións inda por precisar por parte do Ministerio de Economía como a posibilidade de aplicar coeficientes incrementados ao IBI co fin de acadar o obxectivo de déficit comprometido coa UE ou as directrices a seguir sobre o salario dos traballadores públicos poden condicionar o proxecto orzamentario, apunta Raimundo González..