Asinado o convenio para a recuperación da praza pública na capela de San Amaro

31

O Concello de Pontevedra asinou esta mañá o convenio urbanístico co particular Julio Araujo Loureiro que permitirá, nun futuro próximo, a mellora do espazo situado a carón da capela de San Amaro e a reurbanización da parcela na que se atopa un lavadoiro próximo á capela.

Logo de varios anos de negociación co particular que tiña interese en urbanizar as súas parcelas pero non tiña alineacións axustadas ao PXOU, e a imposibilidade de darlla coa compra dunha parcela contigua municipal na que se atopa un lavadoiro de 18 metros cadrados, o Concello aprobou a sinatura dun convenio co particular na que se compromete darlle aliñeacións do PXOU ás parcelas, a cambio de que reurbanice a parcela municipal e se rehabilite o lavadoiro que mellorará todo ese ámbito.

Coa sinatura do convenio desta mañá, iníciase toda a tramitación para a modificación desas aliñeacións no PXOU así como presentar o proxecto de urbanización da zona que terá un custe de 105.814,49 euros, cargado integramente ao particular.