Novos sentidos circulatorios e melloras na accesibilidade da contorna da avenida de Vigo

141

 

  • Os atoamentos da rúa Herminia Fariña, polo tráfico xerado por Mercadona e o IES Luís Seoane, a detección de altas velocidades na avenida de Vigo obrigan a redeseñar a circulación
  • Actuacións previstas: arranxos e ampliación de beirarrúas, construción de pasos peonís elevados e redución de dous a un carril entre Luis Seoane e o nó do Pino

Mellorar a accesibilidade e a mobilidade na zona. É o obxectivo que hai detrás do encontro do concelleiro de Mobilidade e Obras, Luis Bará, e a concelleira delegada do barrio, Carmen Fouces, coa veciñanza da contorna da avenida de Vigo.

Atoamentos seguidos na rúa Herminia Fariña, onde esta o aparcamento do Mercadona e o acceso ao IES Torrente Ballester; tramos de beirarrúas estreitos e/ou en mal estado; alta velocidade en tramos próximos ao nó do Pino… son cuestións a arranxar.

Bará e Fouces trasladarán aos veciños propostas concretas como a implantación de novos sentidos circulatorios nas rúas Herminia Fariña e Urbano Lugrís e a reordenación do tráfico na zona; o arranxo e ampliación de beirarrúas e a construción de pasos de peóns elevados no eixo Herminia Fariña e Manuel Colmeiro e Bibiano Fdez. Osorio-Tafall.

Por outra banda, entre a rúa Luís Seoane e o nó do Pino constatouse o paso de vehículos a velocidade perigosa polo que a actuación deseñada para o tramo é a redución dos dous carrís de circulación actuais a un e o redeseño do aparcamento que pasará a ser en batería ao tempo que se ampliará a beirarrúa.

O encontro cos veciños e veciñas de zona permitirá non só dar a coñecer as ideas do departamento municipal de Mobilidade se non tamén recoller suxestións co fin de profundar na mellora da accesibilidade e mobilidade.